Tuesday, May 17, 2011

Thursday, January 06, 2011

E xa van tres meses que volvín...

Ola a todos e feliz aninovo!

Xa van tres meses que volvín de Lagos, e a verdade é que se fixeron curtos. Xa me parece que hai unha eternidade que chegaba ás 15:30 á casa e non tiña lus eléctrica ata ás 18:30, que non tiña que andar a matar mosquitos dos que me contaxiaban a malaria, que había que estar na ducha con coidado de non tragar auga podre, que podo andar polas rúas,...

Nestes tres meses tiven tempo a descansar un chisco, volver a Satec (como se vos extraña, ex-compañeiros) e mudarme para a Turkía galega, onde traballo para chineses e vivo ó lado da fermosa refinería e preto tamén do Ikea, para quen me queira vir visitar.

Agora aínda podo ver con risas a que nos fixo ós tres bolseiros quen fora o noso cociñeiro todo o ano. Resulta que estaba ó cargo da casa mentres nós traballabamos. Tiña que estar na casa ás 7:30 para prepararnos o almorzo, limpaba a louza. Logo ata que voltabamos ás 15:30 debía limpa-la casa, os luns mercaba comida para toda a semana e prepara-lo xantar. O resto do tempo podía dende durmir, usarnos a ducha e calquera cousa da casa ou roubarnos cartos e outras cousas. Sabiamos que fixo de todo iso e máis. Ademais, sacaba un segundo soldo cociñando e limpando para os veciños de arriba, isto con permiso. Traballaba menos e cobraba máis que o empregado medio nixerián no seu posto. O noso cociñeiro descansaba as fins de semana. A muller do chófer, facendo máis ou menos o mesmo, libraba un só día á semana e cobraba a metade.

Bueno, resulta que o cociñeiro non me caía mal, polo que decidín desfacerme do meu vello portátil regalándollo a el. Logo, ó longo do ano, algunha bronca levaba. De vez en cando faltaban máis cartos do normal dos que lle dabamos para mercar, botábaslle unha bronca, ó mes seguinta cadraban as contas, despois volvía ás andadas. Ademais, roubou varias veces cartos dos caixóns dunha compañeira e non limpaba a casa, o que quedaba claro coas teas de araña que había en cada esquina. O máis gracioso é que se indignaba cada vez que lle dicías que non limpaba...

Total, nós marchabamos un mércores e tiñamos con el o acordo de pagarlle o último venres de mes. Como o coiñeiro é de Benín e aproveitaba o día de pago para ir á súa casa (a unhas 2-3 horas en coche de Lagos), decidimos pagarlle o venres e, dado que non ía sacar nada máis de nós salvo o que nos puidese roubar, dicímoslle que non veña nin luns nin martes.

A nosa sorpresa cando mira os cartos, e queda perplexo preguntando:
- E a miña paga extra?
- Que paga extra?
- Tódolos bolseiros me deron sempre paga extra ó marchar.
- Se só curraches para os do ano pasado e para nós.
- Si.
- Mira, non estamos contentos contigo e non hai paga extra.

Total, o home discute algo e marcha case chorando da casa (era o seu método; cada vez que lle botabas unha bronca, porque non limpaba, faltaban cartos ou algo, púñase enfurruñado coma se fose chorar, coma min cada era pequeno).

Nese intre nós pensabamos: asunto rematado! Que erro! O martes, mándanos unha mensaxe ó móbil solicitando a paga extra. Nin caso, xa cansará.

O bo foi que se lle deu por aparecer na Oficina a reclamárnolos cartos. O último día de traballo, saímos hora e media despois do que nos correspondía por tratar de deixar ben as cousas, e aí vén o cociñeiro con cara de tolo a reclamar:

- Teño dereito a reclama-lo que é meu.
- E nós a non darcho.
- É a vosa última palabra?
- Sí.
- Xa veremos.

En fin, coa ameaza metémonos no coche, tentamos saír pola porta, e o cociñeiro, como en Tiananmen, ponse diante do coche curtándonos o paso. Chamamós ó policía nixerián que temos na embaixada para que o aparte. Colle o home, que estaba nunha silla cun radio pegado á orella, levéntase sen move-lo radio da orella, e comeza a falar co cociñeiro. Estao botando? Non. Está tentando convencelo para que marche? Máis ou menos. Estábao convencendo para que non a montase na embaixada. Que xa que nós non viviamos alí, que non debía reclamarnos alí senón na nosa casa.

O mellor, que o convenceu e alí nos apareceu na casa. Na porta da casa, para sermos máis exactos, bloqueándonos de novo o paso. A miña compañeira Sara cansou, apartouno, el quixo pegarlle, os de seguridade apartárono entón, e alí quedou fóra para non volvernos a ver máis dende entón.

Non foi unha mala historia para despedir un ano en Nixeria...Anque agora a ver se teño un pouco de tranquilidade pola casa.

Seguirei contando historietas por aquí, anque cada vez terán menos que ver con Nixeria.

Vou lava-los dentes. E con auga do grifo!

Saúdos.

Saturday, November 27, 2010

Miña nai, canto tempo!!!

Bueno, trala volta nixeriá, xa perdín o costume de escribir aquí cousiñas.

Tiven a sorte de volver a traballar cos meus antigos compañeiros en Satec, e agora tiven a sorte de atopar un chollo inte(resante na Coruña, para desplegar instalacións de telecomunicacións para Huawei. A verdade é que parece que será un chollo que me comerá bastante tempo, pero temén semella que vai ser interesante.

Xa teño un pisiño en Meicende, Arteixo, pegado á refinería da Coruña. Fotos en breve (cando remate de limpalo e deixalo xeitosiño), prometido, así coma as historias finais de Lagos, incluída a protesta do meu ex-cociñeiro cando non estaba de acordo co seu finiquito. Que gran final ó ano nixerián!!!

En fin, a ver si consigo retomar isto un pouco e contar unhas pouquiñas historias. Ata esqucín felicitarme polos 20 mesiños coa Pequena, que me segue aguantando. Para celebralo, pois hoxe imos ver Harry Potter, agardo que sirva.

Deica.

Tuesday, October 05, 2010

NA CASIÑA!!

Pois iso, xa rematou o ano en Nixeria, con sorpresa final por parte de Luc (que xa contarei).

Dende o xoves pasado pola tarde estou na casiña. Xa contarei como foron os últimos días polas terras africanas.

Vémonos en breve!

Sunday, September 26, 2010

Último finde en Nixeria

Ola!

Mima, que noitiña! Resulta que fomos de despedida o Shrine, templo musical de Lagos e da música afrobeat. Concerto de Seun Kuti, como tódolos últimos sábados de cada mes.

A coña é cando queremos marchar, cara ás 2 da mañá, e temos unha roda pinchada. Aínda mellor, a de reposto está baixa. Este é o momento de aclarar que o Shrine está en Burgos. Se ves Lagos coma un rectángulo, nós vivimos en Victoria Island, esquina inferior dereita. O Shrine e o aeroporto están en Ikeja, esquina superior dereita. Sen tráfico, uns 40 minutos.

Así que estamos no quinto pino sen posibilidades de move-lo coche. Pois buscamos a alguén para que inche a de reposto e xa está. Problema, o coche non aguantou con ela nin cincocentos metros. E cando pinchou a roda de resposto estabamos nunha rúa escura e sen ninguén, así que tres opcións básicas:
1. Deixar o coche alí e saír. Probablemente nolo roubasen ou desmontasen.
2. Quedar eu no coche e que fose Stevie arromba-la roda. Probablemente me roubasen a min e roubasen o coche.
3. Reventar a roda de reposto volvendo ó Shrine.
Eliximos a opción 3. Volvemos ó Shrine e soubemos de alguén que arrombaba rodas na rúa as 24 horas, e preto de onde estabamos. Achegounos un amigo de Mike, que case se mata antes nun sumidoiro de medio metro, e arrombamos a roda.

Consecuencia, as 4 da mañá na casa e sen roda de reposto. A mercar outra o luns!

En 4 días na casiña...

Friday, September 17, 2010

Guadalupe 2010

Pois nada, en Nixeria non se celebra a Guadalupe, a mellor festa do mundo. Nin en Lagos nin en Kano. Non cantan a rianxeira ás 2:00 desta madrugada:


nin teñen peñas para pasalo ben cos amigos. Aquí deixo as últimas.
2004


2005


2006



2007


2008


e 2009



Pois nada, faltará a de 2010. A cantar todos!

A Virxe de Guadalupe cando vai pol ribeira,
descalciña pola area parece unha rianxeira,
Ondiñas veñen, ondiñas veñen, ondiñas veñen e van,
Non te embarques rianxeira, que te vas a marear.

A virxe de Guadalupe cando veu para Rianxo,
a barquiña que a trouxo era de pau de laranxo.
Ondiñas veñen, ondiñas veñen, ondiñas veñen e van,
Non te embarques rianxeira, que te vas a marear.

Thursday, September 16, 2010