Sunday, July 18, 2010

Badagri

Ola!

Esta última semana estiven a traballar un chisco. Resulta que viñeron dous compañeiros da división informática, dende Madrid, para actualiza-los equipamentos informáticos da Ofi. Estes dous compañeiros son Julio e Rubén. Chegaron a Lagos o día 8 e estarán por aquí ata o 22. Así que, tendo novos compañeiros de viaxe, tocaba dar un novo paseo, ata Badagri, outro povo que se atopa preto de Lagos.



Que hai en Badagri? Pois, antigamente, foi un dos maiores portos de venda de escravos en África. Badagri, xunto con Ouidah, en Benín, e outro porto en Senegal, foron os maiores centros de trata de escravos neste continente.

Pois para Badagri saimos, cara as 9:30 da mañá. Comezamos como sempre por aquí, tráfico. O bo, que de vez en cando ves no medio do tráfico cousas como esta, camións que caen a cachos pero que teñen unha perfecta porta de madeira.



Chegamos a Badagri, e aquí que leria hai? Pois unha casiña pequena dunha habitación onde teñen un par de cadeas e uns debuxos. O gracioso, os tres guías, que nos cobraban só ós brancos (estaban Stevie e Mike connosco) por levarnos a tódolos sitios, e nós que non queriamos:
- Ides á antiga praza onde estaba o mercado de escravos!
- Pero queda algo dese mercado?
- Sí unha tarima onde vendían...
- Vamos, que me vas dicir que un muro derruído de calquera casa é a maior reliquia de por aquí.
- ...

Total, vímo-lo museo e escapamos deses guías. Basicamente, contáronnos como os branquiños chegamos a África e pagando catro pesos ós reis locais convencémolos para que nos vendesen á xente do povo como escravos. Á saída do museo, pelexa de cabuxas (en recordo dunha cabuxiña).


Tras iso, visita ó punto de non retorno. Travesía de cinco minutos en barco para cruza-la lagoa e e un paseíño duns quince minutos (iso dicían) ata o punto de non retorno. No camiño atopariamo-lo pozo do que facían beber ós escravos para volvelos obedientes. Problema, estamos na época de choivas en Nixeria e o xoves e o venres chovera un pouco, polo que medio camiño asolgado. Aquí nos vedes abríndonos paso no medio da xungla.


E aquí co famoso pozo.


Así seguimos o camiño que percorrían hai centos de anos os escravos aquí. A verdade, é que vin unha das mellores paraxes en Nixeria nos meus dez meses aquí.



Total, chegamos ó punto de non retorno ou do destino descoñecido, chamado así por dous motivos. O primeiro, que cando os escravos saían de aquí sabían que nunca ían volver a África. O segundo, porque cando saían de aquí, os escravos, non coñecían cal sería o seu destino.


E aquí a porta que simboliza o punto de non retorno. A verdade, a viaxe por aquí, como xa dixen, do mellor que fixen en Nixeria. A mágoa, como sempre neste pais, algo pasa que jode o que está ben. Resulta que Badagri é un dos lugares, en principio, turísticos de Nixeria. Pois ben, non só é que descoiden a porta de non retorno, senón que a teñen nunha praia preciosa que dá ó océano atlántico e téñena toda chea de lixo e merda.

Ademais, na imaxe da porta, podedes ver que lle falta un cacho metálico, que sabe deus onde foi parar. A mágoa é que hai unha grande diferenza con Ouidah, en Benín, Alí, estaba a porta que simbolizaba o punto de non retorno coidada e nun entorno natural limpo, aquí está todo que parece que cae e che de lixo. Por algo dicían que Benín era o paraíso comparado con Nixeria.


O océano Atlántico, chegando con forza, e pouco máis quedaba que volver ó povo.


Outra das atraccións turísticas de Badagri era esta casiña, que parece ser que data do ano 1843 e é a construción con dous andares máis antiga de Nixeria. En fin, non puidemos entrar porque estaba pechada, a pesar de que cha vendían como un dos principais activos turísticos da zona.


Total, a repór forzas nun bar local e á praia de Badagri, onde os nixeriáns nos volveron dar mostra dunha grande hospitalidade cos estranxeiros, negros entran gratis e brancos pagamos.


Ata a seguinte!

Saturday, July 10, 2010

Choivas en Lagos (oitava parte)

Ola a tod@s!

Por Lagos seguimos na época de choivas e diexo unhas pequenas mostras de como rematan algunhas rúas da cidade tras unha intensa choiva. Esta é unha cidade que, tras 9 meses, nunca deixa de sorprender!

En fin, a ver se o polbo alemán acerta outra vez!





Sunday, July 04, 2010

Outra "praia" máis por Lagos

Ola a todos!

Tras máis dun mes, por fin a época de choivas nos obsequia cun domingo xeitoso co que ir á praia. A verdade é que a esta praia xa foramos unhas poucas veces, só que aínda non tivera as ganas de escribir un pouco dela.

Lagos éche unha cidade ben grande. Se a consideras coma un rectángulo, o aeroporto, por exemplo, estaría preto da esquina superior esquerda, mentres que as zonas polas que transitamos o 95% do tempo que estamos aquí serían dúas illas situadas na esquina inferior dereita: Lagos Island + Ikoyi e Victoria Island. Lagos e Island e Ikoyi son da mesma illa, só que Lagos Island sería a parte de negocios e Ikoyi a parte residencial da illa (é a parte onde as vivendas son máis caras en Lagos). Victoria Island tanto é residencial coma de negocios.

O caso é que, como quedan sen sitio nas zonas pijiles da cidade, están tentando ampliar Victoria Island gañando terreo ó mar pola parte de Bar Beach. Déixovos un mapiña cutre co que pretenden ampliar. O puntiño azul que se ve no mapa é a Oficina onde traballamos aquí. O puntiño verde é a nosa casiña. E o amago de rectángulo en trazo discontinuo vermello é o cacho que tentan gañarlle ó mar, proxecto coñecido como Eko Atlantic City (máis información en: http://www.ekoatlantic.com/).


O bonito do asunto é que para rechear todo isto fixeron un dique moi xeitoso e están enchendo todo de area, co cal quedoulles unha praia tamén moi xeitosa. Unha praia a continuación de outra (Bar Beach), na que, ás diferenza de Tarkwa e outras, non hai nixeriáns que che veñen pedir cartos por seres branco nin nada semellante. Estamos tranquiliños é ó noso aire. Ademais, a praia está limpa, xa que non hai nixeriáns. Aclaro, aquí teñen a manía de tirar todo ó chan. Vas camiñando por Tarkwa esquivando bolsas de plástico, botellas, e todo canto pode haber. Aquí nada de nada.


Detrás do dique que se ve á dereita está a praia de Tarkwa. Ninguén molestando nin nada de lixo.

Nesta foto deixo mostra das tubaxes que empregan para as obras e unhas vistas dos edificios de Lagos Island, por detrás.


Aquí vistas de Victoria Island.


Máis imaxes de Victoria Island. Con Bar Beach ó fondo.


E se a Tarkwa Beach iamos en barco, como imos a esta praia? Pois collemos o noso maquinón de coche, Nissan Pathfinder, e ata a mesma praia imos. Deixamos aí as cousiñas mentres nos bañamos ou xantamos. Que chove, ó coche e en dez minutos na casa. Aquí vos deixo imaxe do cochazo.


O único problema desta praia é que, se fai moito sol, non tes onde agocharche e a queimadura é segura. E se queres mercar algún souvenir non te-los centos de vendedores de Tarkwa Beach. Pero estase de puta madre.

En fin, queda menos para volver un pouco xunto á Pequeniña querida. Ata, por primeira vez na historia, darame tempo de ver a España nas semifinais dun mundial. A ver que ocorre!

Apertas!