Sunday, July 04, 2010

Outra "praia" máis por Lagos

Ola a todos!

Tras máis dun mes, por fin a época de choivas nos obsequia cun domingo xeitoso co que ir á praia. A verdade é que a esta praia xa foramos unhas poucas veces, só que aínda non tivera as ganas de escribir un pouco dela.

Lagos éche unha cidade ben grande. Se a consideras coma un rectángulo, o aeroporto, por exemplo, estaría preto da esquina superior esquerda, mentres que as zonas polas que transitamos o 95% do tempo que estamos aquí serían dúas illas situadas na esquina inferior dereita: Lagos Island + Ikoyi e Victoria Island. Lagos e Island e Ikoyi son da mesma illa, só que Lagos Island sería a parte de negocios e Ikoyi a parte residencial da illa (é a parte onde as vivendas son máis caras en Lagos). Victoria Island tanto é residencial coma de negocios.

O caso é que, como quedan sen sitio nas zonas pijiles da cidade, están tentando ampliar Victoria Island gañando terreo ó mar pola parte de Bar Beach. Déixovos un mapiña cutre co que pretenden ampliar. O puntiño azul que se ve no mapa é a Oficina onde traballamos aquí. O puntiño verde é a nosa casiña. E o amago de rectángulo en trazo discontinuo vermello é o cacho que tentan gañarlle ó mar, proxecto coñecido como Eko Atlantic City (máis información en: http://www.ekoatlantic.com/).


O bonito do asunto é que para rechear todo isto fixeron un dique moi xeitoso e están enchendo todo de area, co cal quedoulles unha praia tamén moi xeitosa. Unha praia a continuación de outra (Bar Beach), na que, ás diferenza de Tarkwa e outras, non hai nixeriáns que che veñen pedir cartos por seres branco nin nada semellante. Estamos tranquiliños é ó noso aire. Ademais, a praia está limpa, xa que non hai nixeriáns. Aclaro, aquí teñen a manía de tirar todo ó chan. Vas camiñando por Tarkwa esquivando bolsas de plástico, botellas, e todo canto pode haber. Aquí nada de nada.


Detrás do dique que se ve á dereita está a praia de Tarkwa. Ninguén molestando nin nada de lixo.

Nesta foto deixo mostra das tubaxes que empregan para as obras e unhas vistas dos edificios de Lagos Island, por detrás.


Aquí vistas de Victoria Island.


Máis imaxes de Victoria Island. Con Bar Beach ó fondo.


E se a Tarkwa Beach iamos en barco, como imos a esta praia? Pois collemos o noso maquinón de coche, Nissan Pathfinder, e ata a mesma praia imos. Deixamos aí as cousiñas mentres nos bañamos ou xantamos. Que chove, ó coche e en dez minutos na casa. Aquí vos deixo imaxe do cochazo.


O único problema desta praia é que, se fai moito sol, non tes onde agocharche e a queimadura é segura. E se queres mercar algún souvenir non te-los centos de vendedores de Tarkwa Beach. Pero estase de puta madre.

En fin, queda menos para volver un pouco xunto á Pequeniña querida. Ata, por primeira vez na historia, darame tempo de ver a España nas semifinais dun mundial. A ver que ocorre!

Apertas!

No comments:

Post a Comment