Wednesday, October 28, 2009

+ inundacións en Lagos






Pois vai resultar que aquí todo se inunda...e tampouco é preciso que chova.

Xoves pasado (22 de Outubro, vamos), tentando bota-la sesta (o duro traballo cansa), cando atopamos isto na casa. Resulta que os veciños de arriba (Roberto e Sole, chilenos) están de lúa de mel por terras gregas (a desfrutalo, rapaces!) e o cano foi a tomar polo cu nese momento, enchendo todo o salón de auga e merda.





Vén o encargado do mantemento, e bota como 20 minutos en pecha-la auga (que quede claro, para como son as cousas en Nixeria foi rápido). O gracioso é que comezaron a ameazar con partir outros cachiños do noso marabilloso teito. Menos mal que hai un macho celta na casa que se atreve os retira delicadamente, enchéndose de merda e inundando todo un pouco máis.


-

Tralos 20 minutos de rigor, suben tentar tapa-la fuga no cano. Non se lles ocorre nada mellor que pegar un cacho de cemento por fóra para que non perda. O bo, que nos deixan sen auga ata as 21 da noite para que seque ben (un cheo de merda e sen ducharse, en fin, Nixeria). O mellor que o luns volveuse abri-la fuga mentres estabamos traballando. Hai que dá-las grazas a deus que a nosa señora caseira (land lady) estaba reunida coa contable da Oficina e o cociñeiro (Luke) avisounas e a tipa por fin mandou a un fontaneiro para que reparase iso ben. A día de hoxe aguanta.

Porque outra cousa graciosa foi cando quixemos ir falar coa land lady (que semella un gorila). Resulta que non nos abriu a porta cando sabiamos que estaba na casa. Mándanos á criada que non lle protestemos. Chamámola por teléfono, mandounos á merda e logo chamou ó noso condutor (Steve), nin sequera a nós, para informar que cando teñamos problemas que avisemos ós tipiños de mantemento. En fin, casa de un ano que cae a cachos, caseira encantadora e tómanse as cousas con moita, moita, moita calma. Benvidos a Nixeria!

Total, trala desfeita, tocou limpar. Na foto vedes á miña compi Conchi e ó meu condutor Steve, que vive no mesmo compound e tampouco atura á land lady de marras, tralo complexo labor de limpeza.



Para rematar, foto do pobre home de mantemento mentres estaba arrombando o desaguisado. A rapaza é a "compañeira" de Steve, con quen vive. Aínda así, Steve ten muller e fillo na súa terra Ghana. Ademais, el ten sobre 45 anos e ela uns 20. Welcome to Nigeria!!!!!!!!!!!



Bueno, por Lagos seguiremos rezando para que as inundacións remitan. Máis historietas en breve, agora que parece que por fin conseguín internet. A ver se funciona o Skype, pequena, que che boto moito de menos. Un bicazo.

Ata a seguinte.

Friday, October 23, 2009

Problemiñas: sigo montándoa nos primeiros partidos.

Ola a todos outra vez!

Que recordos me trouxo o sábado pasado do meu debut co Estoupapozas! Resulta que o meu compañeiro de escritorio é de Ribeira e ten a ben invitarme a un partido de fútbol no colexio italiano (foi tamén quen me meteu nas pachangas do luns ás 20h.). Alí chego, un campo majete, de céspede, moito expatriado por aló, franceses, libaneses, algún italiano, chilenos,...,e entre eles dous porteiros (peores ca min, por suposto). Así que non quedou máis remedio que pórse a correr e dar pena polo campo adiante.

O caso é que tras fallar cinco ou seis goles cantados, roubo un balón no medio do campo a un italiano con pintas de McManaman, que comeza a coserme a patadas por detrás ata que me tira, momento no que se me ocorre gritar "Joder!". O gracioso foi que cando me levanto teño ó puto tío italiano encarado que a ver quen son eu para gritar así. Vamos recoñecendo que me zurrara pero que non me podía queixar. O maior problema é que isto ocorreu case ó final do partido, non tiven tempo nin a zurrarlle nin a deixalo sentado coa miña calidade.

Máis gracioso resultou despois cando me comentaron que o imbécil ese resulta se-lo director do colexio, que ten "suspendido" a xente por gritarlle no seu campo, etcétera. Vamos, que se xoga coas súas reglas, co que non me vexo xogando mañá...

En fin, máis grave é que onte partíusenos unha tubería na casa, no noso falso teito. Tras ter unha catarata caendo no salón durante uns 20 minutos, parece que quedou medio arrombado. En canto poida, a historia completa con fotos. Prometido.

Como non teño moita máis foto por aquí, subo o seguinte:

Suya, plato típico de aquí. Pica un pouco e está boa. O problema é que non se sabe de que é a carne...


O ximnasio da casa, onde me manteño a miña perfecta forma física.



Uns cantos expatriados de Lagos. Por detrás, Duhalde, chileno, Sara, comppañeira bolseira, Marcos, xefe de Iberia en Lagos e vigués, Conchi, a outra compañeira bolseira, e diante, Jose, un vasco de puta madre, e Roberto, o noso veciño de arriba, chileno tamén.





Próximamente máis.

Thursday, October 15, 2009

Isto é o que pasa cando chove

Pois iso, cando chove faino en serio. A consecuencia é que Lagos pasa a converterse nunha especie de Venecia, só que con coches en vez de góndolas e os sumidoiros a ceo aberto tamén desbordados. Cada cidade co seu estilo.
A gracia é que tamén se nos inundou parte da casa, o que permitía ir nadando dende a porta da casa á piscina.








En fin, seguirei informando cando as condicións o permitan. Saúdos a todos e bicos á pequena.


















Sunday, October 11, 2009

Primeiras impresións

Pois tras chega-lo día 2 a Lagos e de estar currando moitísimo toda a semana, tocará tentar actualizar isto un chisco.

O caso é que o informático, ou sexa eu, son o único da casa sen internet, o sinal é feble e a tarxeta de rede non mo colle ben. A iso súmase que a conexión sen fíos tampouco é unha marabilla, co cal cáseque se pode asegurar que é a miña primeira oportunidade de escribir algo.

Lagos é un caos. Rúas asfaltadas, a maioría delas adoquinadas, rúas sen asfaltar, coches e motos (chamadas okadas) por tódos lados. Polo menos, polo momento, nin moita calor nin moitos mosquitos que aturar, o cal vai safando.

De chollo, polo momento tranquiliño, sufrindo xa cortes de luz e de internet pero sen un grande agobio polo momento. Na Oficina hai bo ambiente, o que tamén axuda a currar en boas condicións.

A casa, moi ben. Como mola levantarse pola mañá e te-lo almorzo listo.E chegar á casa ás 15 de chollar e te-lo almorzo non che conto. Todo obra de Luke, o noso cociñeiro. Steve é quen se encarga de conducir e realizar algúns recados. Problema, tamos sen lus ata ás 18:30 dende que chegamos, e o finde dende 15:30 a 18:30. Tempo que se perde no ximansio ou na piscina.






Sí que hai semáforos en Lagos!


Polo resto, xa estivemos de festa. Xa temos compañeiros franceses e sudamericanos, principalmente chilenos, que xa nos levaron coñecer algúns dos locais de marcha da cidade. O peculiar é que non hai quen os distinga dunha casa, non teñen cartel nin nada. Ou che din iso é un local de copas ou a ver como o adiviñas.



Semáforo, okada con pai e nenos (os outros dous ían diante), e vese, como en vez de beirarrúa, os sumidoiros van a ceo descuberto.

En fin Lagos is different. En canto internet mo permita, máis.