Sunday, October 11, 2009

Primeiras impresións

Pois tras chega-lo día 2 a Lagos e de estar currando moitísimo toda a semana, tocará tentar actualizar isto un chisco.

O caso é que o informático, ou sexa eu, son o único da casa sen internet, o sinal é feble e a tarxeta de rede non mo colle ben. A iso súmase que a conexión sen fíos tampouco é unha marabilla, co cal cáseque se pode asegurar que é a miña primeira oportunidade de escribir algo.

Lagos é un caos. Rúas asfaltadas, a maioría delas adoquinadas, rúas sen asfaltar, coches e motos (chamadas okadas) por tódos lados. Polo menos, polo momento, nin moita calor nin moitos mosquitos que aturar, o cal vai safando.

De chollo, polo momento tranquiliño, sufrindo xa cortes de luz e de internet pero sen un grande agobio polo momento. Na Oficina hai bo ambiente, o que tamén axuda a currar en boas condicións.

A casa, moi ben. Como mola levantarse pola mañá e te-lo almorzo listo.E chegar á casa ás 15 de chollar e te-lo almorzo non che conto. Todo obra de Luke, o noso cociñeiro. Steve é quen se encarga de conducir e realizar algúns recados. Problema, tamos sen lus ata ás 18:30 dende que chegamos, e o finde dende 15:30 a 18:30. Tempo que se perde no ximansio ou na piscina.






Sí que hai semáforos en Lagos!


Polo resto, xa estivemos de festa. Xa temos compañeiros franceses e sudamericanos, principalmente chilenos, que xa nos levaron coñecer algúns dos locais de marcha da cidade. O peculiar é que non hai quen os distinga dunha casa, non teñen cartel nin nada. Ou che din iso é un local de copas ou a ver como o adiviñas.



Semáforo, okada con pai e nenos (os outros dous ían diante), e vese, como en vez de beirarrúa, os sumidoiros van a ceo descuberto.

En fin Lagos is different. En canto internet mo permita, máis.

4 comments:

  1. Moi impresionante rapaz!! Anímote a seguir co blog. Eu prometo seguilo, paréceme unha idea brillante para os que ides fóra.
    Eu teño un colega en China como xa sabes e él fai igual, ten un blog moi bó, e Ana díxome que faría un tamén dende Praga. Un saludo e moita sorte na túa aventura (PAZ)

    ReplyDelete
  2. Genial, ya esta entre is favoritos!!!!
    Buenas primeras fotos, sobre todo la de la cama con mosquitera!!! no solo en las pelis, jejeje
    Me alegro que todo vaya bien en estos primeros días-
    Ya comentaré más cosillas
    un biko

    ReplyDelete
  3. Ola rapaz!!! Por aqui xa pensábamos se estabas secuestrado xa que non dabas sinais de vida. Cando queras pasanos o teu telefono para facer as probas de chamadas a Nixeria, jejejeje

    Ademais botasete de menos aqui polo DATA. sobretodo agora que xa estamos na intimidade.

    Bicos

    ReplyDelete
  4. jejejeje que pasa negrito!!!!! Ya te tengo en seguimiento! Está wapa la piscinita, ya os veo explotando al cocinero a base de cócteles!!!

    Saludos crack!!!

    ReplyDelete