Pois vai resultar que aquí todo se inunda...e tampouco é preciso que chova.
Xoves pasado (22 de Outubro, vamos), tentando bota-la sesta (o duro traballo cansa), cando atopamos isto na casa. Resulta que os veciños de arriba (Roberto e Sole, chilenos) están de lúa de mel por terras gregas (a desfrutalo, rapaces!) e o cano foi a tomar polo cu nese momento, enchendo todo o salón de auga e merda.
Vén o encargado do mantemento, e bota como 20 minutos en pecha-la auga (que quede claro, para como son as cousas en Nixeria foi rápido). O gracioso é que comezaron a ameazar con partir outros cachiños do noso marabilloso teito. Menos mal que hai un macho celta na casa que se atreve os retira delicadamente, enchéndose de merda e inundando todo un pouco máis.
Tralos 20 minutos de rigor, suben tentar tapa-la fuga no cano. Non se lles ocorre nada mellor que pegar un cacho de cemento por fóra para que non perda. O bo, que nos deixan sen auga ata as 21 da noite para que seque ben (un cheo de merda e sen ducharse, en fin, Nixeria). O mellor que o luns volveuse abri-la fuga mentres estabamos traballando. Hai que dá-las grazas a deus que a nosa señora caseira (land lady) estaba reunida coa contable da Oficina e o cociñeiro (Luke) avisounas e a tipa por fin mandou a un fontaneiro para que reparase iso ben. A día de hoxe aguanta.
Porque outra cousa graciosa foi cando quixemos ir falar coa land lady (que semella un gorila). Resulta que non nos abriu a porta cando sabiamos que estaba na casa. Mándanos á criada que non lle protestemos. Chamámola por teléfono, mandounos á merda e logo chamou ó noso condutor (Steve), nin sequera a nós, para informar que cando teñamos problemas que avisemos ós tipiños de mantemento. En fin, casa de un ano que cae a cachos, caseira encantadora e tómanse as cousas con moita, moita, moita calma. Benvidos a Nixeria!
Total, trala desfeita, tocou limpar. Na foto vedes á miña compi Conchi e ó meu condutor Steve, que vive no mesmo compound e tampouco atura á land lady de marras, tralo complexo labor de limpeza.
Para rematar, foto do pobre home de mantemento mentres estaba arrombando o desaguisado. A rapaza é a "compañeira" de Steve, con quen vive. Aínda así, Steve ten muller e fillo na súa terra Ghana. Ademais, el ten sobre 45 anos e ela uns 20. Welcome to Nigeria!!!!!!!!!!!
Bueno, por Lagos seguiremos rezando para que as inundacións remitan. Máis historietas en breve, agora que parece que por fin conseguín internet. A ver se funciona o Skype, pequena, que che boto moito de menos. Un bicazo.
Ata a seguinte.
Pobriñoooo, Nixeria vai a acabar contigo...
ReplyDelete