Saturday, June 26, 2010

Que fermoso é Lagos cando chove!!

O clima en Lagos é bastante peculiar. Fai bastante calor todo o ano e hai dúas grandes estacións, seca e de choivas. Agora mesmo toca a época de choivas. Ten estado un día enteiro a chover, a veces cae un chaparrón criminal tres horiñas e logo para.

O gran problema das choivas é que se atasca a cidade. Algunhas rúas asoláganse completamente e o tráfico soe ser bastante peor do normal. Onte estivo chovendo moi forte pola mañá e bastante continuado o resto do día, polo que as rúas quedaron no estado no que se ve nos vídeos e nas fotos. Os vídeos son da volta á casa dende a Ofi, onde non pillamos demasiado tráfico. As fotos á tarde, cando saímos ve-lo Chile-España e tardamos dúas horas en facer un traxecto que sería de 30 minutos con tráfico normal.

Que semellantes deben ser Lagos e Venecia!





O dito, rúas asolagadas.




Cabuxas sufrindo.



Isto é todo por hoxe. Martes, bonito partido, se palma España sempre quedará Portugal. Deica.

No comments:

Post a Comment