Tras uns cantos días de inactividade, toca volver a escribir algo de novo. Entre mentres, visita ó Shrine, local mítico de Lagos no que me pillei unha cogorza digna de Peloto, e primeira visita á República de Benín esta última fin de semana.
Levabamos catro meses en Lagos escoitando as excelencias de Benín. "Está moito máis coidado", "é máis barato", "está moi, moi ben", e xa era hora de comprobalo. Nos primeiros tres meses de bolsa non puideramos ir por non dispór de visado multientrada en Nixeria, isto é, se marchabamos do país non nos deixaban volver entrar. Tras dispór do visado, xa só quedaba elixi-la fin de semana na que visitaría o meu terceiro país africán.
O primeiro de todo, solicita-lo visadode entrada en Benín. Xa se nota que queren algo máis o turismo ca Nixeria. Se para entrar en turista de Nixeria sendo europeo tes que pagar 150€ polo visado (ou subornar por uns 20€ ó axente de aduanas de turno), para Benín, co pasaporte de servizo, non pagamos nada de visado (sen el, uns 40€).
Como sempre en Nixeria, falar de tempo cando te desprazas no coche é ter ganas de errar. Sen tráfico, calculo que á fronteira con Benín chegarías nunha hora, hora e media; nós tardamos algo máis de dúas horas. Logo outra hora para pasa-la fronteira grazas ó rápido funcionariado nixerián e BENVIDO A BENÍN.
A primeira imaxe ó chegar recorda moito a Nixeria. A mediana que separaba os carrís da estrada estaba feita de lixo.

Por sorte, en breve cambiaba o panorama. Notábase que se perdía a influencia nixeriá conforme entrabas en Benín. Mediana perfecta e carrís pintados na autoestrada iso sí, cada poucos quilómetros unha rotonda criminal para que cambies de sentido ou te esnafres se corres demasiado.
Tras unha media hora de camiño dende a fronteira chegamos a Cotonou, cidade máis importante de Benín anque non é a súa capital. Máis ordeada, máis limpa ca Lagos, con menos tráfico e, o mellor de todo, cun subministro eléctrico decente.
Se nunca falei do marabilloso subministro eléctrico nixerián, que me provoca bastantes problemiñas na Ofi, bo momento é este. A Fenosa nixeriá, alias NEPA (Nigerian Electricity Power Authority), apenas é quen de dar subministro eléctrico o 20% do tempo. Por isto, faise absolutamente necesario que toda casa ou empresa dispoña dun xerador de electricidade se quere dispór de corrente a certas horas. O alto prezo do diésel aquí (litro de gasolina, 0,30€; litro de diésel: 0,50€, para aquí é caro e isto explícase pola demanda dos xeradores) e a abundante cantidade de combustible que precisa un xerador fan que, por exemplo, na nosa casa sexa raro o día que dispomos de lus de xeito continuado. Temos garantido o subministro eléctrico con xerador de 18:30 a 8:00 e de 12:30 a 14:30 (a fin de semana ata ás 9:00 e 15:30). O resto do tempo dependemos da NEPA, co cal, no mellor dos casos e sendo bastante optimista, temos lus o 20% do tempo. Polo tanto, agora mentres escribo, teño o marabilloso ruído de fondo do noso xerador.
En Benín so non ocorre. En todo o tempo que estivemos alí, só se fot o subministro eléctrico unha media hora. E nunca escoitabas un puñetero xerador. Ademais, Benin serviume para practica-lo francés (lingua oficial), xa que os sábados en Lagos estou indo a clase.
En fin, fomos ó hoteliño (algo máis de 30€ noite) cunha piscina da hostia en unha praia propia. Aquí deixo foto da praia cun cachiño de Cotonou de fondo.
E aquí outra pequena imaxe da praia.
Tras un traxeto polo litoral de Benín dende Cotonou ata Ouidah, paramos a xantar langosta nun complexo turístico preto da útlima das cidades. Despois, volta para Cotonou.
Despois tocaría o mellor da viaxe. A visita a Ganvié, chamada a Venecia Africana, cidade situada no medio do lago Nokué. Saes de Cotonou, máis ou menos media hora de traxecto pola estrada e disposto a toma-la barquiña que nos levaba de paseo polas "rúas" de Ganvié. Aquí deixo foto para que comprendades por que un dos compañeiros de viaxe o pasaba en grande chamándome "Eminem".

Media hora de camiño a Ganvié na barca, vendo o máis típico da zona, mariñeiros.
O povo é eminentemente mariñeiro, non lle queda outra. Ademais é o principal reclamo turísitico de Benín. Polo tanto, os seus habitantes practicamente sobreviven co que pescan ou intercambian entre eles. Chega un grupiño de brancos nunha balsa e é normal que tenten sacar uns poucos cartiños. Así, tapan a cara cando ven que lles vas facer unha foto e, igual, aproveitan para maldicirche.
Deixo máis imaxes de Ganvié. Entre elas, a do cartel do restaurante no que almorzamos.
Tras unha visita que mereceu a pena, había que rematar a festa dalgún xeito. Que mellor que ir ó noso primeiro karaoke africano (onde seguían tentando que cantase a Eminem).
Xa só quedaba volver a Lagos. Como non quedaba moi a desmán, aproveitamos para visitar Porto Novo, capital de Benín, da orde de tres veces máis pequena que Cotonoú. Vese máis decadente e menos coidada. Ademais é extraño, posto que todos os ministerios que vin se atipaban en Cotonou.
Aquí, imaxe da catedral de Porto Novo.
Xa só quedaba pasar a fronteira para volver a Lagos. A fronteira é un edificio a cada lado da estrada e una par de vallas no medio. Iso sí, vendedores e oficiais armados preto.

Volta á casa, atasco, crúzaste furgóns no que se demostra canto lles queda por aprender ós nixeriáns e pouco máis.

Por certo, Moi, pescas por Nixeria ningunha. Iso sí, hai un ano e un día que pesquei á pequena que coñecín en Rois. Se queres ver fotos de negras cachondas, dío, que entre 20 millóns de habitantes que hai por aquí algunhas aínda destacan.
Ata a seguinte.