Boas noites,
Tras rendir pleitesías á miña namorada, tocará contar algunha historia máis de terras nixeriás.
O pasado sábado 30 de xaneiro organizamos unha visitiña a un dos locais máis míticos de Lagos: o Africa Shrine. É o local de concertos que no seu día abrira Fela Kuti, ídolo de masas en Nixeria, xa morto (http://en.wikipedia.org/wiki/Fela_Kuti). Hoxe o local xa mudou de sitio e aspecto, pero segue a ser un referente dentro da música en Lagos, co cal antes o despois compría a visita. O sábado 30 había concerto de Seun Kuti, fillo de Fela Kuti e xa había excusa para ir ata aló.
O Shrine está en Ikeja, zona de Lagos próxima ó aeroporto que está a uns corenta minutos en coche dende a nosa casa, contando que non haxa tráfico. Cun tráfico normal ben podes tardar 2 horas, con tráfico chungo incluso tres ou catro. Que fermoso é o tráfico de Lagos!!!
Como ó chegar había fame, pois nada, a cear. Había unhas cantas variedades de "suya", bastante ricas.


O Shrine é coma unha pista de fútbol sala con teito, pero non pechada. Iso e os 30 ºC que hai en Lagos a case calquera hora do día fan que te ases e súes unha barbaridade. Tanto suar mete máis sede e máis beber, e iso, a certa idade, págase ó día seguinte.
Enriba estamos os que fomos desfrutar da festa, debaixo imaxes do concerto:
Aquí un que xa precisaba abandoar as cervexas e pasarse ás augas:
Como Nixeria está chea de sorpresas, pode ocorrer que no medio dun concerto de Seun Kuti atopes a un nixerián coa camisola da selección española:


Pouco máis quedaba tras uns poucos litros de cervexa que voltar para a casa. Outros 40 minutiños de volta no coche.


En fin, lugar digno de ver a pesar de que á tarde seguinte aínda custou un chisco levantarse.
Como hoxe é o día dos namorados, que en Nixeria celébrase en dimensións nunca vistas, e serio, locais máis adornados ca no Nadal, todo o mundo falándoche do día...; remato con dúas cousas:
1. Felicitar o día a todo aquel que o desfrutase.
2. Silvia, quéroche! Un bico.
Ata a seguinte.
Ostia, tes unha foto co Tito MC!! E leva a camiseta de España! Eso nuns aníns vale millóns!
ReplyDelete