Sunday, February 28, 2010

+ lerias de Lagos

Ola rapazas e rapaces!

Por Lagos sigo eu agardando que chegue o día 30 de marzo, cando collerei un avión de Iberia que agardo me achegue ata a miña Terra. Mentres tando, sigo contando marabillosas cousas deste universo paralelo que é Nixeria.

En Lagos en concreto son peculiares co tema da limpeza. Ves lixo amoreado polas rúas, e cando andas con nixeriáns ves como non teñen ningún problema en tira-las cousas á rúa. Por exemplo, o chófer que nos achegara ó Drill Ranch en Calabar (ve-las entradas do blog de decembro) non tivera o máis mínimo reparo en tirar os envoltorios das cousas que comía ó chan, e iso cando estabamos no rancho, un entorno natural, onde se respecta perfectamente a natureza e onde (dos poucos lugares que vin así en Nixeria) había contedores nos que bota-lo lixo.

O caso é que en Lagos non teñen barrendeiros que vaian limpando as rúas tódolos días. Aquí empregan outro método. O último sábado de cada mes é o que lle chaman "Sanitation Day". E que fan neste día? Prohiben a circulación de vehículos dende as 6:00 ás 10:00 e sacan ós barrendeiros ás rúas para tentar limpalas, ou cando menos para amorea-lo lixo nunha das esquinas da rúa. O caso é que o sábado temos clases de francés de 10:00 a 14:30, incluso os días de Sanitation Day. Non obstante, nun destes días os nixeriáns, que tampouco destacan en xeral por seren moi puntuais, teñen a escusa para comeza-las clases máis tarde e chegan cara as 11:00-11:30. A gracia vén cando pretenden rematar as clases ás 15:00-15:30, sobre todo se estás agardando polos compañeiros de clase dende as 10:15. En fin, Nigeria is different!

Á volta destas clases, este último sábado, paramos a compra-lo pan nun local onde vin algo que me sorprendeu. Unha furna pedindo cartos...para os pobres nixeriáns?pois non, para a policía de Lagos, para mellora-la seguridade na zona. Aquí, parece ser, que o salario medio dun policía vén sendo duns 100-150€ ó mes, de aí que fagan os seus controis nocturnos na busca de brancos ós que saca-los cartos. Vamos, de fondos non van moi sobrados.


Continuando con curiosidades nixeriás, preto da casa témo-lo Palms Shopping Centre, un centro comercial decente onde recentemente abriu o seguinte establecemento.


Por último por hoxe, reseñar que en Lagos vin un dos restaurantes que máis me chamou a atención. Se estou acostumado a que os restaurantes chineses sexan dos máis cutres que se poden ver, en Lagos ocorreo o contrario. Un dos restaurantes e local de copas máis glamurosos da cidade é un chinés (Sai-Pan ou algo así).


En breve máis informacións nixeriás.
Saúdos.

1 comment:

  1. Qué pasa Xosé! Muy interesante el blog, espero leerlo más amenudo. Yo ahora estoy en Wroclaw (Polonia) haciendo el proyecto y comparto habitación con un africano que estudia aquí teleco,no es nigeriano pero le queda cerca, es de Ghana. Y como dices cuando estás fuera puede parecerte que estás en un universo paralelo (las mujeres aquí efectivamente no son de este universo) y el ghanés hece preguntas como qué idioma se habla en españa y si puedo comer cerdo o no porque creía que somos musulmanes, así que sí.. pero bueno, igual de perdidos andaremos por aquí con la idea que se tiene de África, que para eso es muy grande.

    Un saúdo fenómeno!

    ReplyDelete