Thursday, April 22, 2010

De volta pola Nixeria

Ola a tod@s outra vez!

Tras unhas curtas e merecidas vacacións, tocará escribir algo por aquí delas. A verdade e que cundiron bastante: estiven moito tempo coa pequena, estiven moito tempo con Artur, pasei polo Brasil e puiden vercos a bastantes, a verdade.

Tiven un finde con Silvia en Trives, gran povo con gran xente (ese Josete!!!) e pateamos bastante, Manzaneda, canóns do Sil, visita polos Peares, subida ata Chantada pola beira do Miño. Digno de repetir, a verdade.





Polo resto, bautizo de Artur, que tivo a honra de converterse no meu primeiro afillado. Iso a pesar de que xa me empeza a caer mal porque lle anda a face-las beiras á miña moza, pero en fin, haberá que soportalo. O rapaz meréceo.
Pois nada. Volta por Lagos. Polo menos sei xa cando me mandan de volta para a casa. O 29 de setembro arrinco ás 22:00 cara Amsterdam. Chegarei a Santiago, tras pasar por Madrid a iso das 17:00 do día 30.

Pois nada, en breve máis cousiñas sobre Lagos. Patri!! Agardo que ti e Brais esteades perfectamente!!!!! Un bicazo, fenómena!!!

No comments:

Post a Comment