Monday, April 26, 2010

Elementiños en Nixeria

Aproveitando que andaba pola terra e que o meu vello portátil estaba pedindo papas, decidínme a mercar un novo. Tamén influía que, por ser residente no estranxeiro devólvemenme o IVE nas aduanas ó volver a Nixeria. Así que, nada, portátil novo (un fermoso e marabilloso ASUS).

Fun merca-lo portátil ó Corte Inglés, xa que me comentaran que era o establecemento co que era mási sinxelo xestiona-la devoluvión do IVE. E espectacular, no corte inglés non me venden un portátil sen o Windows 7, vamos sen unha puta merda de sistema operativo de Microsoft. E aínda máis gracioso, perdo a garantía se formateo o meu disco duro enteiro, xa que se supón que a garantía inclúe o software.

Pois bueno, nuns días na casiña un comeza a pegarse co Windows 7. Saca as merdas de Office 2007, antivirus de proba que me deron, etcétera. Todo debe ser dito, que conste que o Windows 7, unha vez lle sacas tódalas merdas de avisos que ten non vai tan mal, polo menos de momento.

Cando estou eu tan feliz co meu portátil medio maqueado, chego de volta a Nixeria. Tento proba-la tarxetiña que emprego para conectarme a internet por CDMA e cojonudo, non rula guai co Windows 7 porque lle falta ou falla un driver.

Nesas decido ir á compañía, Starcomms, para que me dean o driver a instalar ou me digan ponde está. Chego á tenda e mándanme directamente ó enxeñeiro. Vexo que tenta instalar algo pero non é quen porque non sabe a rota onde se atopa o programa de comunicación coa marabillosa tarxeta CDMA. Ocorría que o portátil é de 64 bits, e o que antes era o cartafol Arquivos de Programa agora divídese en Arquivos de Programa e Arquivos de Programa(x86). Este último para aquelas aplicacións que continúen funcionando para procesadores de 32 bits. Resulta que o súper enxeñeiro non se decataba de que debía mirar no cartafol (x86) e non atopaba o programa.

E agora ben o bo. Colle o crack sen avisar, nin pedir permiso nin nada e restáurame o ordenador a valores de fábrica mentres eu quedo pilladísimo preguntándolle "pero que fas?"

"Nada, tes o ordenador corrupto"

"Que me vas facer perder todo"

Queda pensando e di. "Creo que non". E queda todo cheo cando aparece unha mensaxe persoal en plan "non se perderon datos pola restauración do sistema", sinalándome a pantalla e dicíndome "ves como tiña razón".

"A ver, rapaz, no portátil non tiña case datos pero acabas de joderme tódolos cambios que fixera e teño que volver a facer, coa diferenza de que na casiña tiña unha liña de 2MB e aquí, se funciona, unha tarxeta que, con sorte, dá 150KB..."

Bueno, polo menos, a tarxeta sí funcionou (tras dicirlle outra vez que o programa que xestiona a tarxeta estaba no maldito cartafol x86) e o rapaz aínda se desculpou.

En fin, tras case sete meses polas terras nixeriás tampouco me sorprende tanto o que pasou. Hai un problema co internet, valores de fábrica e funcionará. Que hai unha fuga de auga, cortámo-la auga e xa non hai fuga. E isto cun enxeñeiro, que se agardas a que veña un técnico instalar unha antena ten en conta que non ha traer taladro, terás que buscalo ti e rezar para que saiba usalo...

En fin, welcome back to Nigeria!

1 comment:

  1. jajajajjaja no m lo puedo creer, en fin tecnologia punta.
    A disfrutar de lo q queda qu en seguida estas de vuelta.
    Bikos

    ReplyDelete