Tuesday, May 04, 2010

Festansa na piscina

Como nos aburrimos un pouco por estes lares, había que buscar algo co que entreternos, por exemplo, un venres pola noite. Xa que temos unha pisciniña xeitosa e ganas de liala parda, pois nada, decidimos facer unha festiña na nosa piscina un venres pola noite.

Nesto apareceu o problema. Digamos que a piscina pode usarse en xeral. Un 10% das veces estará limpa como o estaría unha de Galiza, auga clara, dende un lado da piscina ve-lo fondo do outro. Un 65% das veces está limpa pero sucia.m Máis ben turbia. Vamos, que custa bastante máis ve-lo fondo, si se ve. E logo te-lo 20% do tempo que a piscina está feita unha merda, verde, fangosa. Por sorte son poucas veces, só que cada vez que se pon verde dura, a lo menos, unha semana pola paciencia coa que toman a limpeza.

Pois ben, se a festa a faciamos un venres, ata o xoves a piscina estivo verde. Logo limpárona un pouco e xa quedou espectacular para a festa.

Total, trala compra e preparación da comida, tortilliñas e paella incluída, xa estabamos listos para comezar.



Tamén tiñamos, entre as que mercamos e xa tiñamos, unha manchea de bebidas, entre as que, como en calquera festa que se precie, estaban o Licor Café e a Crema de Oruxo cortesía de Tito e o Bar Brasil (en Vigo). Anticipo que foron un exitazo en Nixeria, xa houbo quen me propuxo negocio traendo caixas de crema...

Tivemos ó gran Stevie, o noso chófer, de pincha. A verdade é que a súa axuda foi importante, máis que nada porque conseguiu os altofalantes sen os que non habería música.

E logo, agardar a que a xente chegue para pasalo ben. Aínda xuntamos a nixeriáns, chilenos, ghaneses, franceses,...


Unha vez xa se rematou coa botella de licor café, tocou comezar a desfrutar dunha das vantaxes de estar en Lagos, que é que podes estar nunha noite de abril tomando comodamente unha cervexa na túa piscina a uns 30º.


Logo só quedaba o remate da festa. E vaia remate! Resulta que se os nixeriáns, na súa inmensa maioría, son un tanto cochos, pois teñen un contedor de lixo ó lado e a tira-las cousas ó chan coma se nada, borrachos digamos que desmadran un pouco. Eles e todo o mundo. A xente comeza a tirarse á piscina, o chan móllase, a xente esvara...Resultado: a moza de Stevie coa cella aberta por unha caída e unha rapaza que non rompeu o van de milagre, pois ía ó cabalo dun mozo que esbarou e caeu de costas, co seu peso enriba do van. Outros adicábanse a lanzarse de cabeza á piscina onde a auga só cobre polo van, pero en fin, a deus grazas non pasou nada e a festansa foi un éxito.

Áínda así, creo que ha pasar tempo ata a celebración da seguinte...



No comments:

Post a Comment