Tras festansa no piso para os 23, 24 e 25

Tocaba celebra-los 28 en Lagos, sen estridencias, con humildade, que o corpo xa non está para aguantar demasiado...
Así que comezou a noite con fotos con Stevie, Conchi e Sara.
E logo veu a festa sorpresa cos amigos. Viñeron Roberto e Sole, os grandes veciños do piso de arriba, Gabi e Chino, ós que se vai estrañar cando marchen e0 Rodrigo. Todos chilenos (un gran clan). Primeiro, cortando a tarta coa axuda de Rodrigo.
Logo a noite rematou tranquila, entre piques de Wii (joder, que friki!) e algúns cubatas. As opcións eran gastar un pastizal saíndo por Lagos ou rematar de celebralo ó día seguinte na praia. E eliximos a segunda.
En Tarkwa nos xuntamos uns cantos...
Con comida e bebida, coma sempre.
Un bo día de aniversario que rematou coa carreira nas lanchas nas que volvemos dende Tarkwa. Ata hai un mes, iamos á praia cos de Wasco, uns tipos que che mandaban en patera por 1.000 nairas e que, para volver, non puñan orde no bote. É dicir, mandaban un bote a recollerche á praia, ti levabas agardando o bote media hora e, como estes pasaban de todo, a pegarte para subir cos que chegaran hai dous minutos. Así que que lles dean, pagamos 500 nairas máis e imos con Fiki nas lanchiñas de abaixo. Creo que o cambio foi a mellor.
En fin, un gran aniversario, non comparable ós do Brasil (como non son comparables Lagos e Vigo) e moitas ganas de ver a moita xente á que estrañei no cumple. Unha aperta a todos e un bicazo á Pequena Bonita, que vai vir visitarme a Nixeria!
No comments:
Post a Comment