Sunday, May 30, 2010

Despedida Chino e Gabi

Ola a tod@s!

Temos dous amigos do grupo, Chino e Gabi, que nos deixan esta semana. Abandonan Lagos e regresan a Chile tras botar ano e medio polas terras nixeriás. Así que había que tentar despedilos con orixinalidade...

A ideóloga foi Sole, muller de Roberto, tamén chilenos e veciños nosos. Iríamos de cea e borracheira a un sitio, vestidos como nixeríans, nun autobús nixerián e tentando sorprendelos.

Polo tanto, a noite comezaba na nosa casa, con todos listos para a ocasión e Chino e Gabi, os que teñen vendados os ollos, dispostos para recibi-la sorpresa do seu primeiro paseo nun autobús nixerián.


E velaí o fermoso autobús. Chamado danfo. Os asentos, de madeira, o cal combinado cos marabillosos baches que podes atipar nas "rúas" de Lagos non é cómodo.


Nós aínda fomos ben, uns tres con algo deespazo nos bancos de madeira. O incrible é cando ves estes vehículos polas mañás con cinco persoas sentadas apretadas en cada banco. Así poden chegar a ir durante varias horas, sen aire e, claro, se o que está máis lonxe da porta quere baixar, toda a ringleira para fóra e de volta para dentro.

O caso é que o marabilloso danfo deixounos no lugar da festa, onde comemos e bebemos a esgalla e despedimos adous bos amigos como merecían.


Ata houbo tempo para facer o idiota con Stevie, o chófer.


E descansar un chisco a borrachiera.


Se alguén quere o traxe nixerián, que avise. Por 20€ lévollo. Dá calor.
Ata a seguinte!

1 comment:

  1. Estás casi mimetizado con el suelo en la última foto!!

    Aquí el atuendo nacional es el Batik, q es aproximadamente como las camisas hawaiianas horteras que se compran los guiris en el mediterráneo. Muy feo, pero es de gala. En fin...

    Un abrazo champion!

    ReplyDelete