Saturday, May 22, 2010

Excursión polas terras nixeriás

Ola a tod@s! Tras quedar sen concerto de Metallica, ó que si foi parte da miña familia, tocaba saír de excursión por Nixeria. Os lugares elixidos, Ijebu-Ode, cidade do estado de Ogun (un dos 36 estados que compoñen Nixeria, como as autonomías en versión nixeriá). Ademais fomos ata Epe, que se ve no mapiña, onde se supón que había un mercado de animais.

Así que aló marchamos, ás 9:30 da mañá, cunha hora de retraso porque ás 8 estaba caendo unha tronada guapa. O grupo: Conchi, Sara, Cristian, Mike, Stevie e mais eu.


E nesto unha das maiores sorpresas que levei en Nixeria, un equipo cilcista!!!! En Nixeria!!! Onde non se respecta un carallo a ninguén. Daban ganas de ter aquí a miña Orbea-Euskaltel para pedalar un pouco. O problema é que seguro que me reventan rápido.


Logo, seguimos comprobando que Nixeria ten paixases fermosas:


Seguimos camiño de Ijebu-Ode. Preto de alí, supúñase que había un muro antiquísimo no medio da selva, desuberto no 1994, que indica que a reina de Sheeba puido ser nixeriá (http://www.hartford-hwp.com/archives/30/143.html). A verdade é que demos un paseo bonito pola xungla, porque había que baixar un pouco por camiños perigosos para ve-lo muro. O muro en sí pouco tiña. Fomos, tamén, por unha ruta de comercio que en realidade era unha corredoira no medio da selva. Non obstante, os que a cruzaban, normalmente deixaban pagos en tributo dos deuses.

Aquí estou no duro camiño da selva:


Un pouco máis de selva:

E aquí os pagos que os locais deixaban na honra dos deuses.


Logo, foto cons guías e encargados do lugar.


A continuación, seguímo-la rota cara Ijebu-Ode. Típica cidade nixeriá famosa por ter un dos reis (Oba) máis ricos de Nixeria. A diferenza con outras cidades, como Ibadan ou Oshogbo, está en que había esculturas, máis bonitas ou máis feas, que tentaban enbelece-la cidade, como por exemplo a moto da foto.


Como había fame, paramos a comer algo. E atopamos un sitio no que puidemos comer sen picante. Normalmente, fóra de Lagos, é complexo atopar sitios onde sirvan comida que non sexa a típica nixeriá (suya, amala, polo ou arroz, todo con picante). Leváronnos a un sitio xeitoso onde puidemos comer sen picante ningún.

Por último, Ijebu-Ode deixoume a sorpresa de ve-lo meu primeiro Ferrari en Nixeria.


Para remata-lo día, antes da volta á casa, visita a Epe, onde se supuña que había un gran mercado de animais. O mercado foi pouca cousa, era pequeno, e xa chegamos de mala hostia porque en Epe quixemos sacar unha foto da paisaxe e, por ver a catro brancos fóra dun coche, alí veu un nixerián pedindo cartos por SACAR UNHA FOTO Á SÚA PAISAXE!!!! Realmente dicía que era a súa área. Ó principio pasabas desta xente, que che vén pedir cartos por ser branco, agora xa tocan os collóns e xa os mandas á merda.

No mercado, máis do mesmo. Muller que se acopla e nos segue ata que lle deamos cartos sen que ninguén lle pide nada. Tentan collerche as bolsas (merquei tea para un traxe nixerián) e logo pídenche cartos por acompañarche anque non fixesen nada. O dito, xa cansan.

O mercado en sí era normal. Non era para nada moi grande e a diferenza con outros mercados nos que estiven en Nixeria é que vendían, sobre todo, peixes.


Iso sí, o mercado tiña boas vistas.


O famoso "cat fish" nixerián


E antílopes en pequecho dos que Stevie mercou un para leva-la carne.


E nada, volta para a casa e a descansar.

Gran día fóra da casa paseando por Nixeria.
Ata a seguinte!

No comments:

Post a Comment